Rúa de Airas Nunes, S/N, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña

axenciagalegadeinnovacion@gmail.com

981 54 39 97

Sobre nosotros

Galicia. Imaxes do deseño
Axencia Galega de Innovación (Gain). Xunta de Galicia

Programa Deseño para a Innovación 2020, Xunta de Galicia

“Galicia. Imaxes do deseño” é un proxecto promovido pola Axencia Galega de Innovación (Gain) no marco do Programa Deseño para a Innovación 2020 da Xunta de Galicia.

O obxectivo desta iniciativa é mellorar o coñecemento e a valoración do deseño galego como factor estratéxico de progreso ao longo da historia, así como ofrecerlles referentes ás empresas e emprendedores actuais.

Non hai mellor maneira de avanzar que mirar polo retrovisor. Baixo esta premisa, nace “Galicia, imaxes do deseño”, un proxecto que ten como misión localizar, recuperar e difundir os principais fitos do deseño industrial galego a través da fotografía e de obras audiovisuais.

Este espazo é de libre acceso e está aberto á participación dos usuarios rexistrados, que poden enriquecela con achegas propias.

En Galicia temos todo a favor para ser un referente no campo do deseño. De aí a importancia de coñecer o noso relato histórico, para reinvindicalo e que sexa recoñecido como un dos nosos elementos de identidade, innovación e competitividade.